ASOCIACIÓN

Arousa en Transición é unha asociación galega sen ánimo de lucro, non gobernamental, democrática, independente, asemblearia, transparente e con funcionamento plural.
Constitúese o 23 de setembro de 2020 có obxecto de traballar pola defensa do medioambiente e apoiar o desenvolvemento da Axenda para a Transición Enerxética que se presentou ante a cidadanía o 27 de outubro do mesmo ano no salón de plenos do Concello da Illa de Arousa, e no V Forum do Clean Energy for EU Islands da Unión Europea, celebrado online en outubro de 2020.


A procura de solucións á crise ecolóxica global mediante a investigación, a sensibilización social e posta en marcha de proxectos para tal fin, son os principios que sustentan a actividade da asociación. Neste sentido, para combater o gran problema da pobreza enerxética, fixamos como obxectivo prioritario a creación dunha comunidade enerxética, que ten como fin ofrecer beneficios enerxéticos, pero tamén mediambientais, económicos e sociais, ás veciñas e veciños, posibilitando o acceso xusto e democrático á enerxía