OBXETIVOS

Os fins da Asociación Arousa en Transición serán:

  1. Elaboración e seguimento da Axenda para a Transición Enerxética na Illa de Arousa.
  2. Promover e fomentar estratexias para reducir as emisións con efecto invernadoiro e xerar enerxías limpas para o autoconsumo, a través da participación e concienciación no proceso de transición enerxética de todos os sectores sociais, económicos e culturais do noso concello.
  3. Promover e fomentar a creación de comunidades enerxéticas.
  4. Crear una comunicade enerxética na Illa de Arousa, tal como se recolle no Real Decreto-lei 23/2020, de 23 de xuño.
  5. Promover a descarbonización, mediante a implantación de enerxías renovables, a produción ecolóxica, o consumo responsable e o consumo de produtos locais.
  6. Traballar na resiliencia da Illa de Arousa ao cambio climático, como territorio responsable, e na procura da seguridade ambiental, de infraestruturas e de subministro enerxético.
  7. Fomentar a redución do uso de vehículos a motor, substituídos por medios de transporte e desprazamento sostibles, e promover o uso compartido de recursos, espazos e máquinas.
  8. Promover a construción baseada na eficiencia enerxética.
  9. Promover a realización de estudos de investigación e desenvolvemento.
  10. Promover a implicación e o compromiso político das diferentes administracións locais, autonómicas, estatais e internacionais.
  11. Traballar na conservación dos valores ambientais da Illa de Arousa para a mellora da calidade de vida, fomentando a creación de novos nichos de traballo que faciliten a equidade socio económica e ecolóxica.
  12. Fomentar a organización de festas sostibles.
  13. Colaborar con iniciativas persoais ou colectivas para a conservación e ampliación da masa forestal autóctona.
  14. Protexer e defender o medio ambiente, en particular a fauna, a flora e as funcións dos ecosistemas.
  15. Fomentar o desenvolvemento e difusión do ecoloxismo e da educación ambiental.
  16. Promover formas sustentábeis de desenvolvemento e traballar por unha transformación global da sociedade e das súas relacións económicas e sociais.